viernes, 5 de septiembre de 2008

Ai o alelo (334)

(Para cantar con música de taberna)


Non me botes máis a culpa
de eu andare sempre quente
mira que son home frío
e tamén son moi decente.

Ai o alelo, ailalala, ai o alelo ailala (etc.)

Que son cousas dunha hormona
din que da vasopresina
que non teño máis remedio
que mirar para a veciña.

Ai o alelo, ailalala, ai o alelo ailala (etc.)

Xa que o sabes contareicho
pois comigo estás casada
teño un xen aventureiro
e non podo facer nada.

Ai o alelo, ailalala, ai o alelo ailala (etc)


[O Barón publicará neste blog todas as aportacións (réplicas, contrarréplicas, ampliacións) que reciba para facer crecer esta fermosa canción popular]

1 comentario:

Anónimo dijo...

Creo que conozco esa fermosa coplilla popular, imagino que de oirsela cantar al servicio, me parece que tiene un réplica:

esa hormona que me dis,
que se chama non sei como,
voucha quitar eu de jolpe,
dandote cun pau no lomo.

que te collo polos pelos
e te arrastro polo chan,
que non vas a poder sentarte,
no que queda de veran.

que saliche ti moi cuco,
e ela moi pillabana,
e calquera escusa e boa
para acabar nunha cama