martes, 3 de noviembre de 2009

Novembro

Este mes o ten mais difícil que ningun outro para lhe caer ben a ninguén. Empeza a hibernación, chegan as choivas, cae a noite, morre a gente.

Dia de defuntos para sempre vencelhado à lembranza dos que escolheron este dia para marchar. Familiares, referencias intelectuais, ídolos...

Aínda asi, o corpo sabe das estreituras que lhe agardan e tenta encher ocos, expandir-se.

A festa continua pese a todo...

2 comentarios:

Crisipo dijo...

As campás do monte das animas, os golpes na porta do fantasma do pai morto no Don Xoán de Mozart, arrastrar de cadeas da pobre estadea da santa compaña, o galopar do xinete buscando a súa cabeza entre as cabazas, os pasos amortecidos dos defuntos que percorren as rúas de Mondoñedo a espera dunha carruaxe......... mortos e vivos mesturados no magosto, comendo nas tortas de chicharróns recén forneadas tras facelo San Martiño............
¡¡¡¡¡¡¡COMO MOLA ESTE MES!!!!!!!!!!

Pinhaqui dijo...

Por non falar, amigo Crisipo, das multicolores paisaxes que nos brinda o bosque caducifolio!