martes, 25 de mayo de 2010

Novo videoblog

Queridas e queridos: Convido-lles a visitar o vídeoblog A Lanzada: un proxecto de divulgación e recuperación arqueolóxica en Pontevedra, que durante uns meses reflectirá, caseque en tempo real, os avatares da escavación arqueolóxica que terá lugar en tan emblemático sítio.

Posto en marcha hai pouco, o blog está impulsado polo noso compañeiro Xurxo Ayán, coordinador do plan de comunicación da devandita intervención arqueolóxica, que conta coa inestimábel colaboración do xornalista Manuel Gago, cuxo blog Capítulo 0 xa é coñecido por moitos de vós.

Espero que o disfrutedes e que esta ferramenta sirva para acrecentar o voso interese pola arqueoloxía e o patrimonio.

No hay comentarios: